Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Padre Silva

viernes, 16 de septiembre de 2011
Morreu un visionario. Chamábase Jesús César Silva, pero todo Galicia o coñecía como Padre Silva.
Visionario, porque soñou un mundo mellor proporcionando ós rapaces un entorno diferente, unha casa común, un lugar no mundo. E inventou a “Ciudad de los Muchachos”, en Ourense, e fixo historia. Púxolle por nome “Benposta”, e nela rapaces de todo o mundo atoparon casa e futuro por medio do circo que o Padre Silva levaba nas veas, herdado dos seus antepasados artistas de circo.
Nacera en Vilanova dos Infantes, e alí repousan os seus restos. A cidade que el fixo nacer en Ourense hai cincuenta e cinco anos, estaba destinada ós rapaces, e os rapaces eran quen a gobernaban. Tiña leis propias, moeda propia, televisión propia, vida propia. E dalí saíu un circo famoso en todo o mundo formado por rapaces.
A Benposta acudían rapaces con problemas, e aquí atopaban un xeito de vivir e medrar para o futuro. E xurdiron benpostas en Colombia, Venezuela, Nicaragua, Santo Domingo e Bélxica.
As dificultades que a súa iniciativa sufríu nos últimos tempos non restan o máis mínimo ós méritos deste crego singular que creu nun mundo diferente e puxo da súa parte todos os seus bens e toda a súa vida para conseguilo.
Era un traballador forte, constante, vital. Sabíase en posesión dunha verdade que marcaba a súa vida e, coas naturais tachas que ten toda obra humana, conseguíu facer historia nunha Galicia que recoñeceu o seu papel en tempos sempre difíciles .
Viviu setenta e oito intensos anos. Deixounos a comezos de setembro, e foi velado na capéla da súa Benposta que, gracias a el, ten resonancia mundial. Descanse en Paz un galego senlleiro que tanto fixo polos rapaces, por Ourense e por este país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania