Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De coches e asesores

jueves, 15 de septiembre de 2011
O poder nunca vai volver ser o que era, agora que os signos externos van minorarse e nalgúns casos desaparecer.
Quedaba para os mandatarios extranxeiros snobs a utilización do transporte público, e así resultaba incrible ver a un gobernante xa non digamos en taxi senón en autobús ou en metro. Nestes pagos calquera autoridade tiña un coche oficial co seu correspondente chofer, que mesmo proclamaban o rango das reunións en determinado lugar pola concentración de vehículos e conductores en espera dos seus usufructuarios.
Do mesmo xeito, cando calquera político se vía tocada polo dedo do poder para lle encargar determinada parcela de goberno, a nova autoridade non confiaba no seu coñecemento nin do dos funcionarios ás súas ordes senón que precisaba determinado número de asesores, cantos máis mellor, para levar adiante as tarefas encargadas.
Como vivimos tempos de cambio e os cambios veñen marcados polas dificultades económicas, coches e asesores están en decadencia porque hai que face recortes e parece que os votantes son moi sensibles a estes dous aspectos de manifestacións externas do poder dos nosos políticos, e toca rebaixar.
No Parlamento fálase de rebaixar o número de coches oficiais, tendo en conta que só a Presidenta o precisa para o seu traballo institucional, e mesmo recomendar a outras institucións que tomen tales medidas. Na Deputación de Pontevedra van suprimir cinco patronatos cos seus asesores e persoal de confianza, dietas, subvencións. Son só dous exemplos de cómo na Administración están tomando boa nota do tempo que vivimos e dos aires que soplan e en que direccións.
A Administración, en tempos de euforia, medrou de xeito desordenado e multiplicouse por todos os ámbitos imaxinables coidando non ter límite as posibilidades de financiación. Agora que xa sabemos que todo é finito, é momento de que cada entidade calcule as súas posibilidades presentes e futuras, simplifique e aforre para evitar o colapso económico e para intentar redimirse do colapso moral no que se encontra a relación entre os políticos e os administrados, que é o peor aspecto dunha crise que repercute en todos os ámbitos da vida das nosas xentes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES