Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a Curros

jueves, 15 de septiembre de 2011
Hoxe cómprense os 160 anos do nacemento do eximio poeta galego Manuel Curros Enriquez que, con Rosalía e Pondal, forma a triloxía dos grandes persoeiros do Renacemento cultural de Galicia.

A vida apaixoante do autor de “Aires da miña terra”, o libro mais polémico da historia da nosa terra e dalgunhas das letras mais coñecidas do acervo musical: “Unha noite na eira do trigo”, “Un adiós a Mariquiña”, “Os teus ollos”… ou “O sapo”, a derradeira canción que Pucho Boedo interpretou ante as cámaras da TV, fan del un personaxe singular, de especial relevo e interese.

“O Mundo de Galea” non quere deixar pasar a efeméride sen renderlle modesto homenaxe a quen foi, non só unha primeirísima figura da nosa cultura, senon un loitador pola nosa terra, dende a mais acrisolada honestidade e dignidade, actitude permanente nel, que endexamais practicou tipo algún de servilismo nen aceptou mercedes dos poderosos, o que lle creou serios problemas de toda índole ante os que mantivo sempre a súa integridade, ética e a dignidade.

Con este motivo, organizado por O Mundo de Galea, vai celebrarse na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz un acto cultural no que haberá ás 20,30 horas, rigurosamente puntual, unha charla que pronunciará o que suscribe, cronista oficial de Foz, sobre a figura humana e intelectual do homenaxeado e seguidamente a proxección da película “O primeiro paciente” que, producida polo grupo Caolipe de Valadouro, baixo guión e dirección de Pepe Peinó, presentará o seguinte reparto: Manuel Lourenzo, “Melgacho”, de Mareas Vivas (enfermo) Luis Miguel Yáñez (doutor) “Cachín” (avogado),Vanessa Otero (esposa) Juan García (chófer).

Luz e son: Sabela e María Quirós, Vanessa, Juan García e Cachín.
Axudantes dirección: Sabela e María Quirós.
Canción: “As bagoas do vento”, música, letra e voces Jorge Olivera e Eva Mª Campos.
Lugares de rodaxe: praias de Llás e As Pasadas, Hotel Vila do Val, Casa de Domingo Rouco (S. Pedro-Alfoz), Casa Ramón Casas (Barreiros)- Estrada de Fazouro.
Duración do acto: unha hora.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES