Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Coruña e o Manuel

viernes, 08 de octubre de 2004
Curros Enríquez, con estátua no centro coruñés, prefería acceder "á Coruña de noite que entrar no ceo de día".

Algo así pensaría o Manuel cando elixiu a Coruña para pasar os seus últimos anos. El, que naceu en Outeiro de Rei da Terra Chá, ó que convertiu nun Olimpo de poetas, viviu en Lugo, logo moitos anos en Monforte de Lemos e, por fin, na Coruña. Alí atopou unha gran casa, chea de amigos, chea de posibilidades, e na Coruña Saleta e el fixeron da casa e da cidade un fogar.

Manuel foi xeneroso con esta terra, xa non digamos coa Terra Chá. Manuel foi xeneroso con Galicia e deulle unha obra grande e fonda, da que todos nos beneficiamos. Tamén A Coruña.

Pois A Coruña ven de tomar "unha decisión mesquiña", segundo Henrique Tello, concelleiro do Bng, cando o grupo municipal socialista rexeita a posibilidade de que Manuel María fose declarado fillo adoptivo da cidade a título póstumo.

Votou en contra Francisco Vázquez, Alcalde, que seguro coñece a obra e fala perfectamente galego como se pode comprobar nunha gravación que conservo de cando participou nunha manifestación a prol da autonomía de Galicia.

Votou en contra Carlos González-Garcés, fillo do gran poeta Miguel González-Garcés, que con Manuel e Luz Pozo Garza compuxeron unha triada irrepetible no poético e na amizade.

Votou en contra a maioría socialista da corporación coruñesa, supoño que polo feito de ser proposto polo Bng, e por ser Manuel de ideoloxía manifestamente nacionalista. Pero o Manuel, antes que nacionalista era escritor, e elixiu a Coruña para vivir os últimos anos, e para morrer.

A Coruña e o Manuel camiñaron xuntos os últimos dez anos. O Manuel, asimilouno, viviuno, disfrutouno. A Coruña (o goberno municipal dunha cidade representa a esa cidade) parece ser que nin se enterou.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES