Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Declaración de bens

miércoles, 14 de septiembre de 2011
Sabiamos que os políticos ían ter necesidade de facer declaración dos seus bens á entrada na vida pública e logo ó remate desta para comprobar se se tiñan beneficiado de xeito especial do seu paso pola política.
Os máis destacados políticos nas primeiras institucións públicas, fixeron público o seu patrimonio, especificando se se trataba de bens inmobles, investimentos ou contas bancarias, xunto coas hipotecas ou cargas que eses bens sufrían.
Pode que esta declaración resulte ser un exercizo de claridade diante da opinión pública, pero habería que ver claramente as vantaxes que esta publicación comporta. Se a virtude da acción radica en que o coñecemento do patrimonio persoal dun político supoña cortapisa para que este se lucre especialmente dos seus cargos, escaso resultado terá nun país onde existe unha fenda tan importante entre a realidade patrimonial dunha persoa e a constancia documental desa realidade.
A declaración de bens pode animar aos indecisos a entrar na política, na seguridade da rendibilidade que o seu exercizo vai comportar, que as economías que se describen camiñan a anos luz da realidade contable da inmensa maioría dos que exercemos na xeografía económica galega.
Revisar as cifras publicadas nos medios informativos causa un arrepío na clase traballadora que comproba a dimensión lonxana na que nunca entrará, o mundo distante no que viven os que nos gobernan, que evidencia que non teñen os nosos mesmos problemas, que viven na estratosfera do acontecer diario da inmensa maioría dos seus votantes.
A web do Congreso colapsouse no momento en que foron colgados os datos sobre os bens dos deputados. A atención, pura curiosidade, estaba garantida. Satisfeita a curiosidade, a declaración de bens dos deputados non pasará de ser unha anécdota, sen máis utilidade práctica que ser fonte de comentarios informativos – serpente de outono- que aminoran outras incursións incisivas sobre terreos sempre problemáticos para un goberno en fase terminal e unha clase política que navega por rumbo moi diferente (mesmo no aspecto económico) dos camiños que segue o país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES