
Cando un día futuro alguén se ocupe de escribir unha historia social da nosa literatura traballo aínda por facer e que, moito me temo, terá que seguir agardando un certo tempo necesariamente deberá procurar fontes documentais e informativas en volumes diso que algúns chamamos literatura do eu (diarios, libros de viaxe, (auto)biografías, libros de entrevistas
).
Pois ben, obras como o recente Penúltimo dietario de Xosé Neira Vilas revelaranse, entón, como textos de inescusable referencia, pois non en van reúne ao longo das súas ben cumpridas trescentas páxinas a fiel memoria de encontros, visitas e conversas cun número extraordinario de persoeiros das nosas letras (e das doutras latitudes) que coincidiron co escritor de Gres en actos, xornadas, presentacións e viaxes ao longo non só do noso territorio, senón de todo o mundo.
O resultado é un libro imprescindible para reconstruír a memoria viva das peripecias e andainas das nosas xentes de letras nun período que iría de 1992 ata fins do 2009.
Un documento excepcional este Penúltimo dietario que esixe demorada lectura.