Modesto, director de Bonxe
X.X. - jueves, 07 de octubre de 2004
Volvo ó tema de onte, sen sair do meu asombro.
Corrían os primeiros anos setenta. "Francisco Franco, Caudillo de España por la Gracia de Dios" díxolle a alguén do seu contorno: "Nómbreme Ministro de Educación a...".
E sen darse conta de que non era aquel, nomearon Ministro de Educación a Julio Rodríguez, o do calendario Juliano, que pretendía que os cursos comezasen o primeiro de xaneiro e rematasen o trinta e un de decembro, para facelos coincidir cos Presupostos do Estado.
Era un erro, pero xa estaba feito, e o de "mantenella e no enmendalla" permitiu que don Julio fose Ministro por un tempo ata que morreu de repente nunha viaxe oficial por terras sudamericanas.
Aquí e agora, a Directora Xeral de Institucións Penitenciarias ordena que lle cesen a metade dos directores, porque de repente descubren que 31 dos 66 existentes non funcionan axeitadamente. E, entre eses 31, está Modesto Gutiérrez, de Bonxe, modelo de seriedade, ponderación, bo trato...
E que por algo leva máis de vinte anos ó frente desta institución penitenciaria.
Afortunadamente, neste caso non primou o de "mantenella" e cando se deron conta en "Instituciones" rehabilitaron no seu posto a Modesto como director de Bonxe.
Ségueme parecendo unha aberración que dun plumazo se carguen trinta e un directores de centros penitenciarios, duns postos que non teñen nada de políticos e sí de funcionarios con formación, experiencia e man esquerda. ¿Fáltalles a eses 31 a "man esquerda"?.
Por coñecelo, o de Modesto parecíame unha inxustiza. "Enmendalla", moitas veces, é bo sinal.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora