Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un mal contrato antes ca un parado

martes, 13 de septiembre de 2011
Moitas voltas lle leva dado este goberno ó tema laboral, sen conseguir facer esa reforma que os mercados e a Unión Europea levan demandando hai moito tempo para proporcionar a necesaria fluidez á nosa economía.
Segundo as estatísticas mensuais, a contratación aumenta lixeiramente, pero son moito mayores os contratos temporais, e moi escasos os contratos definitivos, que son os que proporcionan solidez e tranquilidade ó mundo laboral. E por moitas axudas que se faciliten ás empresas para posibilitar o aumento da contratación indefinida, a tozudez da realidade imponse sempre e non se produce a necesaria consolidación da contratación.
A última idea, ou unha das últimas, é a de buscar unha fórmula que permita animar o emprego xuvenil, cun contrato que conteña aspectos formativos e laborais, que case parece a cadratura do círculo. Segundo esta nova fórmula, o traballador debería recibir unha determinada formación nun centro educativo, traballando nunha empresa nunha área relacionada coa formación que reciba. O contrato terá determinadas limitacións, pero para as empresas suporá non ter que pagar cotizacións polo traballador durante a vixencia do contrato.
E ademáis deste novo xeito de contratar, o goberno aprobou un paquete de medidas suprimindo o encadenamento de contratos temporais e prórroga de axudas para parados sen ingreso.
O Ministro de Traballo afirmou que o goberno prefire un contrato temporal – en definitiva, un mal contrato- ca un parado. E neso hai que darlle a razón, porque a existencia dun parado é a evidencia dun fracaso social, mentras que un mal contrato pode evolucionar cara un contrato mellor.
Con máis de catro millóns de parados no noso mundo laboral, moitas decisións intelixentes teñen que tomarse de xeito coordinado para ir avanzando nun camiño que polo de agora permanece baleiro. Nin o goberno, nin os sindicatos nin os traballadores teñen a fórmula para conseguir un empleo que non medrará ata que a solución económica global non mellore.
O de preferir un mal contrato é un pobre consolo para quen ten a misión e o deber de propiciar a animación do mercado laboral. Pero vista a situación xeral da economía case todos estaremos de acordo nun pobre conformismo coma este.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania