Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre gargallos

martes, 13 de septiembre de 2011
Quero cuspir cara arriba, pero teño medo que o gargallo me caia na faciana. A verdade é que, sexa cuspir para arriba sexa cuspir para abaixo, é unha porcallada. Emporiso, adoitamos facelo moi a miúdo.

Ao mellor pensamos que aí van as malas ideas ou os malos sabores, pero o que realmente vai é unha saliva, un cuspe que repugna un pouco.

Cuspimos nas paradas dos autobuses ou nas colas dos cines que facemos ao aire libre. Cuspimos cando paseamos e cando realizamos algún esforzo. Neste caso sempre desculparei aos xogadores de fútbol; cando te esforzas moito, cando pensas que afogas coa seca (vaia redundancia!), fas o que sexa con tal de aliviar un pouco esa agonía. E cospen.

Claro que alguén tamén pode dicir que os de baloncesto, por exemplo, tamén afogan coa seca e non cospen (imaxinades a pista do pavillón?) É certo, pero a inercia... aquí hai moito espazo para deixar un esgarro, un gargallo, pensarán os xogadores de fútbol.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES