Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambios

miércoles, 06 de octubre de 2004
É sabido que cando se produce un cambio de goberno orixínase un "efecto dominó" nos cargos inmediatamente inferiores porque cada gobernante precisa e nomea determinadas persoas da súa confianza para as altas tarefas de dirección.

Esto ocorre aínda que os cambios de goberno permanezan dentro dunha mesma cor política. Moito máis se o cambio é tan radical como o que ocorriu hai poucos meses no goberno de España.

Co novo goberno e novos ministros, aparece a lóxica renovación dos directores xerais, dos delegados e subdelegados de goberno. Dahí para abaixo, lóxicamente ningún, xa que vai desaparecendo o carácter político dos cargos e aumenta o papel administrativo.

Pero neste caso o cambio é máis profundo, porque non só cambian os directores provinciais de organismos puramente administrativos, senon que agora, de repente, cesan 31 dos 66 directores das prisións de titularidade estatal, afectando en Galicia ós centros penitenciarios de Lugo-Bonxe e Pontevedra.

Eu coidaba, ¡pobre de min!, que para gobernar un centro penitenciario había que ser somente un funcionario con determinadas cualidades, unha traxectoria relativamente longa que garante unha boa experiencia, e a aplicación da normativa vixente.

Que a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias, de repente, "se cargue" a 31 directores demostra que non, que ser director de prisión equivale a ter un cargo político, polo que aviados estamos como todo funcione así.

Ben está cambiar cando é preciso. Pero hai determinadas cousas - as prisións, os supermercados, as feiras de maquinaria, as festas do San Froilán ou da Peregrina, as peregrinacións ó apóstolo, a cerámica de Bonxe ou os aparcamentos soterrados da praza maior pontevedresa...- que deberan seguir funcionando igual goberne o PP ou o Psoe. Cambiar por cambiar, para colocar ós amigos, queda feo.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES