Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Retorno ás aulas

lunes, 12 de septiembre de 2011
Cando chega setembro, os rapaces volven ós colexios. Pasado o verán, cambia a vida de milleiros de estudiantes – e dos seus pais- que retornan a unhas aulas que volven cobrar vida.
Hai tempo que neste volver a empezar non se plantean conflictos importantes, desde que se xeneralizou a formación, se estableceu o transporte escolar e se foi asentando un sistema no que –fóra pequenos problemas ou matices- case todos estamos de acordo que funciona bastante ben no que a organización se refire.
Desde os pequenos de gardería ata os universitarios comezan a cumprir un calendario que nada ten que co ano normal, como no seu momento pretendeu o Ministro Julio Rodrígue coa imposición dun imposible “Calendario Juliano”.
O comezo do curso supón para os pais dos alumnos unhos custos que, por agardados, nunca deixan de ser onerosos, se ben neste campo tamén se aprecia o impacto da crise. E así mentras algunhas estimacións sitúan estes gastos entre 500 e 550 euros, a Confederación Española de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios elevan ata 700€, gasto nada desdeñable para as economías modestas que sofren así o primeiro impacto dun outono sempre quente.
Tendo en conta que o pasado ano se calculaban en máis de mil estes custos, chegando ós 1.400 nalgunhas estimacións, resulta unha reducción drástica a que este ano se reflicte, evidenciando que o mesmo mercado se vai acomodando á realidade, e que diante da crise ou estreitez de medios non queda máis remedio que acomodar os desembolsos ás limitadas posibilidades.
Os gastos do regreso ás aulas reflicten á perfección a realidade do país: contracción do gasto que comeza polas institucións máis elevadas, pasa ás autonómicas, logo ás provinciais e locais, e destas ás empresas, e por fin ó consumidor. Nalgún momento terá que producirse unha corrente contraria, e desde as institucións chegará ata o consumidor unha corrente de ilusión de fluidez económica que permita maiores alegrías. En tanto, a situación é a que é, e volvemos ás aulas –alumnos e pais- coas restriccións precisas, como un síntoma do espíritu de necesario aforro que nos invade, que parece querer afogarnos, que nos acogota.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES