Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unhas hostias

viernes, 09 de septiembre de 2011
Estou dorido, profundamente dorido, con esa dor que a un lle entra por temas imposibles de controlar, sin un culpable directo sobre o que descargar as culpas, porque no tema somos culpables todos.
Amargoume o día a noticia escoitada de que unha rapaza de trinta anos, acompañada do seu fillo de catro, se botou ás vías do Metro madrileño buscando suicidarse por motivos económicos. O conductor puido frenar a tempo de producirlle só algunhas lesións, e foi o neno o que posteriormente deu a conocer a traxedia.
Nesa dor, e conseguinte cabreo (e perdón pola aparente destemplanza, que comeza polo título), un ponse a cavilar que esa rapaza e ese neno poden ser da súa familia. Máis aínda: que esa rapaza e ese neno teñen unha familia que quizais non souberon ou non quixeron saber da súa anguria.
O certo é que desgracias coma esta emporcan a nosa imaxe de seres humanos civilizados, e degrádannos ata o nivel de feras que só coidamos da nosa camada (cando o facemos) e de nós mesmos, esquecendo as traxedias que se forxan arredor de nós.
Quede a nova como exemplo das desgracias que polo mundo hai. E a convicción de que cando nos preocupamos por temas de puro matiz, dentro da crise social e económica que nos envolve, ben podemos pensar que hai xente que ten verdadeiros problemas. E se persistimos na nosa preocupación polo insustancial, alguén debera recordarnos que o que merecemos por parvos é un bo par de hostias.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania