O cabalo de Pavía
Cardalda, Theo - jueves, 08 de septiembre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: O CABALO DE PAVÍA
Hai uns días con nocturnidade e aleivosía reformouse a Constitución, ou sexa, métennos un novo artigo constitucional sen consultar con pobo, din que é para calmar aos mercados financeiros (eufemismo para non dicir especuladores) e a eses mercados lles importa un pepino. A estes pais da
patria (PP & PSOE) teñen metido na cachola que non lles vai tremer o pulso para trocear ben o que quede do chamado Estado do Benestar en favor dese capitalismo salvaxe.
Pero esa chapuza constitucional que fixeron de nada serviu para arranxar esa confianza polo motivo de que de novo derrubouse a Bolsa producindo pánico neses mercados por outra recesión económica.
Que non, que estes avariciosos son insaciables: chúpanche o sangue e agora esixen chuparche a medula ósea. Agora falan de cargar máis impostos aos grandes ricos. Para máis carallo, eses mesmos ricos din que queren axudar e van a poñer o lombo e solidarizarse. ¿Desde cando son solidarios?. Se foran solidarios xamais sería ricos.
O sistema chegou ao tope da farsa colectiva, este sistema é o culpable, os oligarcas son os culpables e os gobernos son os esbirros que aceptan ser gobernados polas finanzas e os seus representantes lexitiman os seus latrocinios contra a sociedade enteira. Onde están agora os que dicían que esta reforma constitucional e os recortes ían contentar aos especuladores.
Non o crían nin eles, non se deron conta que a partida xa está perdida, porque os poderosos fixeron trampas e tiñan as cartas marcadas. A verdadeira solución final está en traballar 18 horas, ceder tódolos hospitais e infraestruturas públicas nas mans privadas, subir a idade de xubilación ata os 95 anos, privatizar o Parlamento. Imos deixar de ser cidadáns e converternos en súbditos. O din os especuladores e punto pelota.
Iso si, fútbol ata na cunca de caldo, que non falte.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora