Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Himno desafinado

jueves, 08 de septiembre de 2011

Para Noa e Alicia
no Pais das Maravillas



Alegría, alegría, alegría
sen música de corolas
nen outras doces manías.

A l e g r í a
torrentes de sangue boa
polas vosas mans e as miñas

A l e g r í a
que non se derrita a neve,
que non se derrita o día
que hai eiquí dúas neniñas
que queren xogar todavía.

A l e g r í a
que non nos traia a tardiña
gozosas melancolías,
que non voen os vencellos
que canten as cutuvías.

A l e g r í a
que non hai que chorar tanto
para facer poesía,
con estar un pouco tolos
cancións dabondo habería.


Alegría

Unha pedrada a lúa
e outra a astronomía
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES