Publicidade ou Propaganda
X.X. - lunes, 04 de octubre de 2004
Nunca aprenderei, a pesar de levar trinta e cinco anos mergullado no proceloso mar dos medios informativos. E eso que a teoría é clara: Publicidade, é cando se efectúa determinada información co fin de vender algún producto comercial. Propaganda, é cando esa información se efectúa con fines políticos.
Quizais por eso a palabra "Propaganda" está bastante devaluada. Quizais por eso o III Reich tiña un Ministerio de Propaganda. Quizáis por eso en España había en tempos un organismo relacionado coa "Prensa y Propaganda".
Esto ven a conto de que o pasado domingo os xornais publicaban unha páxina rotulada como "Publicidad", (Quizais debera dicir "Propaganda") na que o Psoe vende as excelencias dos Presupostos Xerais do Estado para o próximo ano, presentándoos como un "compromiso con Galicia", destacando o avance que supón para o noso desenvolvemento colectivo.
Un, que se move nos medios, entende que un goberno en exercicio ten ó seu dispor suficiente aparato informativo como para vender sen esforzo tódalas "motos" que teña en stock, sen que o partido que o sustenta teña que recurrir a pagar cantidades millonarias a xeito de publicidade ou propaganda.
Diante deso un lembra aquel vello aserto de que "Onde non hai publicidade, resplandece a verdade", que proclamaba o semanal humorístico "La Codorniz", de fausta memoria.
Ten fins políticos. Parece o comezo da pre-campaña para "as galegas". É información. Parece publicidade, pero chamémoslle "Propaganda", para ser máis exactos.
Teñen, de tódolos xeitos, moita sorte. Porque en tempos, os xornais, para a propaganda política tiñan unhas tarifas moito máis altas que para a publicidade cotián. Co exercicio da democracia, esta diferencia desapareceu. Pero aínda así segue a ser unha pasta.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora