Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Improvisacións

miércoles, 07 de septiembre de 2011
Temos dito neste espazo editorial, que compre que as decisións políticas sobre temas importantes sexan ponderadas, debidamente estudiadas, e nunca froito da improvisación. Porque o resultado de calquera decisión precipitada pode ser o contrario do que se pretende.
As decisións que se están a tomar neste tempo de crise sobre aspectos económicos ou sociais, parecen pecar gravemente desa improvisación xa que xurden súpetamente, poden contradecir algunhas non moi lonxanas, e envellecen antes de que se aprecien resultados favorables.
Se ese é un problema deste país, algo así deben estar pensando en Portugal diante dos resultados que se veñen obtendo coa decisión do seu goberno de cobrar peaxe nas autovías a propios e visitantes, co resultado de que os chamémoslles turistas (especialmente españoles, mayoritariamente galegos) non sabemos exactamente cal é o mecanismo e retraémonos nas visitas ó noso máis próximo destino extranxeiro.
As visitas de turistas no ano en que leva funcionando o sistema baixou un cincuenta por cento, co conseguinte perxuizo económico para numerosos establecementos do veciño país.
Eso de que haxa que mercar un dispositivos nas gasoliñeiras e recargalo a través de internet despois de cubrir un impreso en correos cun número de conta dun banco portugués, ou mercar un ticket na oficina de correos de Valença ou nunha estación de servizo, parece un mecanismo disuasorio para evitar visitas indesexadas cando a intención recaudatoria é todo o contrario.
Parece ser que a intención do goberno portugués é apretar un pouco máis o sistema e comezar a multar ós que non aboen a taxa instituída. Aínda que non parece o mellor sistema para conseguir mellorar a situación, o de “mantenella e no enmendalla” non é precisamente un invento destes días senón a actitude inconcebible do que non quere dar o brazo a torcer.
Os galegos temos especial querencia por Portugal. E os portugueses por Galicia. Pero o seu goberno ó mellor non se enterou, ou non quere enterarse da que está armando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES