Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A falta de fe na fe

viernes, 01 de octubre de 2004
Non é un xogo de palabras. É a realidade da vida de fe da maioría da sociedade e da de moitos cristiáns. Ter fe non é ter crenzas, facer ritos, crer moitas verdades, cumplir os mandamentos, recibir algúns sacramentos, rezar e pór velas ós santos. Ter fe é vivir en fidelidade e coherencia co Evanxeo, ter confianza en Deus, fiarse dos irmáns e de nós mesmos. Ter fe é crer (¡confiar!) en que somos quen de lograr a fraternidade universal.

Os apóstolos piden ó Señor que lles "aumente a fe". Xesús dilles: "se tiverades fe coma un grao de mostaza, diriádeslle a esta moreira que se plantase no mar e obedeceríavos". Vén a dicirlles: cando intentedes vivir na verdade, na xustiza, na paz, no perdón, no amor...lograredes todo. A fe atrévese co imposible. A experiencia de Israel fai exclamar ó profeta: "Ata cando, Señor, clamarei a Ti sen que me escoites?...por que me fas ver desgracias, violencias?." Tamén nós vivimos algo semellante e tamén nos rebelamos ante a inxustiza, violencias, guerras e a fame. Tamén clamamos a Deus ó ver as mortes inocentes no Iraque (27.000 civís, nenos -o xoves, 37- mulleres e anciáns), no Oriente Próximo (4.500) e as incontables víctimas da fame en África e na América Central e Sur.

A fe cristiá ten a resposta en Xesús, que nos dice: por qué, en vez do evasivo e inxusto onde estás, Señor? non vos preguntades onde estou eu?, onde estamos nosoutros?. Deixemos de botar culpas a Deus e ós outros e cuestionémonos cal é a nosa actitude e son as nosas prioridades?. Por que vai mudar Deus o que nós non queremos mudar?; por que non facemos nada para que isto cambie?. Deus está connosco; o que fai falla é pór a funcionar unha fe adulta, activa e responsable. Deus encargounos a misión de seguir o labor de implantar a paz, a xustiza e o amor no mundo, actuando ó xeito de Xesús.

Fáltanos a convicción (a fe e a confianza) de que, con Deus, temos forza dabondo para mudar esta nosa sociedade consumista, egoísta, sen alma, coa mentira xa instalada nas institucións e nos sistemas corruptos que estamos a soster coa nosa apatía e a nosa falta de fe..O mundo non debe seguir así. A riqueza está mal repartida: quen ten que facelo?; Deus?. Non. Temos que repartila nós e axudar a que se reparta ben, en xustiza.

Sinais de esperanza: A "Alianza contra a Fame e a Pobreza", proxecto de varrer a fame do mundo asumido por Brasil, Francia, España e Chile (e outros 50 países), presupostos máis sociais e solidarios, loita universal a prol da paz....Cristiáns e non cristiáns, todos e todas, temos esta tarefa pendente. Deixemos de queixármonos tanto e de botarlle a culpa a Deus e ós demais e empecemos por nos responsabilizar nosoutros empezando pola propia casa, por nosoutros e polo próximo máis achegado. Deus non vive alleo a esta realidade, non está durmido. Os durmidos somos nós, aínda que sexamos cristiáns/ás.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania