Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diccionario galego na Rede

martes, 06 de septiembre de 2011
Xosé Luis Regueira é un filólogo que desde hai uns meses é membro da Real Academia Galega e, como vilalbés, foi mantedor do Certame Literario do Concello de Vilalba e pregoeiro das festas patronais de San Ramón e Santa María.

Pero a máis recente nova sobre este científico é a publicación na Rede dun diccionario galego con 60.000 pronunciacións de palabras de uso común no noso idioma, das que se pode percibir a pronuncia real.

O “Diccionario de pronuncia da lingua galega”, coordinado por Xosé Luis Regueira, foi publicado primeiro en libro e agora mesmo aparece en Internet, nun proxecto que desde o principio contou coa impulsión do Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega, e agora da Compañía da Radio e a Televisión de Galicia, que se ocupou da gravación das palabras de acordo coa pronuncia para que sirvan de pauta e exemplo nun dos aspectos no que o noso idioma precisa maior apoio, xa que os que aprenden o idioma teñen na súa pronunciación a gran dificultade para conseguir a correcta asunción do coñecemento do idioma.

A presentación faise nun galego estándar pola imposibilidade de atender todas as peculiaridades como a gheada ou o seseo, reproducir a fala da Terra Chá ou a da Costa da Morte. Eso, xa queda para os especialistas ou para os nativos. Pero si o galego que pudiéramos chamar normal ou básico, de xeito que valla para tomar como exemplo á hora de aprender a súa pronunciación, tanto polos estudiantes do idioma, extranxeiros que queren achegarse ó galego, actores de dobraxe ou xornalistas.

A Rede, motor de avance nos eidos cultural e social, vai ser un elemento importantísimo para o mellor coñecemento do noso idioma, para a su difusión con alcance mundial, para a súa valoración e estima.

Como é lóxico, o profesor Regueira dedicou o seu pregón a falar sobre o idioma galego, e de xeito especial sobre o galego da Terra Chá.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania