Matrículas
X.X. - viernes, 01 de octubre de 2004
O da matrícula dos coches eu coidaba que era tema resolto para moito tempo, pero non é así.
Primeiro foron as matrículas provinciais cun número indefinido a continuación, o que daba lugar a que Madrid ou Barcelona tivesen números de seis cifras naquelas matrículas interminables.
Logo viñeron as letras co que as posibilidades de matriculación eran moito maiores, e parecía que o tema estaba regulado para durar moitos anos.
Non foi así, e chegou o sistema actual que presentaba como vantaxes o ser case indefinido, e non reflectir a procedencia dos vehículos, co que xa se podían comercializar os usados procedentes de Madrid ou Barcelona (moi baixos de cotización por entender estaban máis traqueteados) e mesmo os de algunha outra zona do estado con connotacións relativas á seguridade.
Ata aquí, todo ben, e segue. Pero lembrarán vostedes que hai anos adoitábase colocar nos vehículos do noso País unha "G" para manifestar en que comunidade se vivía, feito que chegou a estar castigado pola culpa teórica de utilizar símbolos non previstos na identificación dos vehículos.
Todo cambia co paso do tempo. Algunhas comunidades -xa podemos intuir cales- pretenden que as súas siglas figuren ó lado das matrículas.
E vano conseguir. De paso, é de supor que o conseguirán para todas, do que os galegos sairemos beneficiados, alomenos de refilón.
Hai protestas dalgún colectivo relacionado co mundo do automóbil. Pero non prosperarán. Cos poderes fácticos autonómicos topa o goberno.
Teremos siglas para todos, como non pode ser menos.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora