Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Constitución

lunes, 05 de septiembre de 2011
“No la toqueis, que así es la rosa” clamaba o poeta. O mesmo canto entonan as forzas minoritarias, especialmente nacionalistas, en relación coa Carta Magna española, polo feito de que os dous partidos maioritarios do noso panorama político se puxeron de acordo para unha modificación que, máis tarde ou máis cedo, iamos facer para contentar ós nosos socios comunitarios e tranquilizar ós xa todopoderosos mercado que, visto está, gobernan toda a nosa vida económica e política.
É un pouco forte que teñamos que modificar a Constitución para atender un aspecto que o sentido común tiña que ter contemplado desde hai moito tempo, desde sempre, xa que non é conveniente nin axeitado xogar coa economía de papel e plantear mundos ficticios cando todo ten un límite, e o límite das administracións ten que ser o capítulo de ingresos – razonable e axustado capítulo de ingresos – ó que hai que supeditar o capítulo de investimentos e gastos.
Pero se hai que adoptar esa medida, fáigase. E que se poñan de acordo os dous principais partidos é un síntoma excelente de que coñecen o camiño aínda que case nunca o seguen. E traten de conseguir apoios, pero sin desesperarse porque de todos é sabido que uns partidos se consideran “constitucionalistas” e outros non. E os que agora se rasgan as vestiduras polo presunto “desafuero” cometido, algúns deles teñen demostrado pouca estima por unha Constitución que, cando menos, lles permite a súa existencia.
A Constitución, con ser a pedra angular da nosa convivencia, non é algo petreo, inamovible, senón algo vivo que ten que responder ás necesidades do país e da paisanaxe. E se hai que introducir un retoque que marca un tipo de límites que deberamos ter aprendido a fixalos nós, pois hai que facelo.
Que para eso estamos en Europa, e somos socios dunha entidade superior na que tardamos décadas en entrar, e da que agora somos debedores e acreedores, na que temos dereitos e deberes. E estamos moi conformes cos beneficios que nos produce, e costanos bastante traballo aceptar os perxuizos ou desvantaxes.
Vaise cambiar un anaco mínimo – para algúns moi sensible- da nosa Lei de Leis. O único que hai que agardar é que os próximos cambios que vaian sendo necesarios se fagan con estudio detido e con calma. Cando se “escribiu”, houbo consenso de todos os grupos políticos, por pura necesidade para a nosa supervivencia como pobo e como Estado. Pois segue sendo moi necesario seguir ese mesmo criterio, e lograr consensos para conseguir textos que sigan valendo para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES