Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non é por incordiar, pero...

lunes, 05 de septiembre de 2011
Non é por incordiar, pero..., ó fío da presentación da decimosexta edición do Ourense Film Festival, así como da invocación da concelleira de Cultura á austeridade para explicar a supresión do director; e, sobre todo, da incitación directa que o cartel lle fai ó potencial espectador -como botándolle a culpa de que en anteriores edicións non teña asistido masivamente ó evento-, ocórrenseme algunhas apreciacións que me vou permitir traer a colación porque no seu momento xa llas fixen chegar verbalmente ó agora formalmente finiquitado director.

Pero vaiamos primeiro co asunto do cartel, porque ó velo reproducido (descoñezo se foi deseñado con esa intención), o meu maxín -que por veces é un pouco voandeiro- trasladouse de contado a finais dos anos 70 na Universidade Laboral de Gijón, cando eu e uns cantos centos de adolescentes da miña xeración estudabamos alí internos e tódolos domingos -ou case- un dos xesuitas que se encargaban daquela da xestión docente e relixiosa do macro-centro, andaban atrás de nós polos interminables pasillos do edificio, polas salas de xogo e incluso polas habitacións, co fin de que non nos "escaquearamos" da misa e acudiramos á "chamada do señor" como era perceptivo por entón.

E, se por algunha casualidade eramos quen de zafarnos da "devoción", no transcurso da semana o profesor de relixión recriminábanos a conducta, sinalándonos co dedo acusador. É dicir, máis ou menos como agora semella pretender esa mensaxe imperativa que lle lanzan os organizadores do OUFF á mocidade ourensá, como dicíndolles: "Nós xa temos feito todo, así que agora tócache a ti, coa túa asistencia, consolidar o OUFF".

Parecer, non parece a mellor opción. Pero, bueno..., doutores ten -no asunto publicitario- a santa madre igrexa e, polo tanto, non teño máis que dicir. Chitón.

Ora ben, o que si me resulta pertinente é formular as seguintes tres preguntas que hai tempo que me levo formulando e que, con tal motivo, traslado agora directa e publicamente á máxima responsable do OUFF?

A alguén se lle ocorreu nestes últimos anos "facer canteira" do festival durante todo o ano, tanto na cidade como nas capitalidades comarcais da provincia, ofrecendo a posibilidade de ver -semanal ou mensualmente- unha selección das cintas da edición anterior?

Digo máis. Alguén decidiu explorar a posibilidade de exportar o festival -ou algunha das súas seccións- ó Carballiño, Ribadavia, Celanova, Allariz, Xinzo, Verín, Viana do Bolo, A Rúa e o Barco de Valdeorras, por exemplo, implicando no mesmo ás súas salas de proxeccións?

E para rematar. Cantos ourensáns -e ourensás- que hoxe contan con nome propio no audiovisual galego e español non estarían dispostos a colaborar co OUFF, se se lles permitise unha activa e específica participación?

Non é por incordiar, repito... Pero, se cadra son fórmulas que non se exploraron nos días de fartura e que agora son pertinentes nas noites de depresión.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES