Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poesía de aquén e alén Miño

lunes, 05 de septiembre de 2011
Poesa de aqun e aln Mio Co suxestivo título de Pegadas, os responsables do selo A Porta Verde do Sétimo Andar publicaban non hai moito unha nutrida antoloxía de poesía actual na que reunían algunhas das máis interesantes voces da escrita lusa e galega do momento.

É traballo abondo complicado tentar resumir en poucas liñas o espírito que anima a trintena de creadores participantes, entre outras cousas porque por estas páxinas desfilan poéticas do amatorio, o contestatario, o neosurreal cotiá, o simbólico-alegórico, o sentimental, o patriótico, o absurdo, o extático ou o transreal, entre outros territorios líricos.

Nada teñen que ver, pois, as estéticas dun Alberto Augusto Miranda ou un Baldo Ramos coas dun Alberte Momán ou unha Lucía Novas, en pouco converxen un Aurelino Costa, un Ramiro Vidal ou un Lino Braxe cunha Ana Cibeiras, un Lois Magariños ou unha Rosa Enríquez e outro tanto podería dicirse de todos e cada un dos poetas representados —que aparecen exhaustivamente etiquetados ao final desta entrada—, posuidores de fórmulas moi dispares que van dende a prosa poética ata o haiku, pasando polo poema en prosa, o poema visual ou o verso rimado, con universos referenciais e mesmo lingüísticos tamén complementarios (portugués estándar a canda galego oficialista e reintegrado).

Un mosaico verdadeiramente heteroxéneo e representativo de tendencias e autores este Pegadas, que convén ler se se quere estar ao día da máis labrada verba de aquén e alén Miño.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES