Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Normandos en Foz

viernes, 02 de septiembre de 2011
Foz acaba de vivir un fin de semana de gran esplendor, con motivo de feito singular. Expresamos a focegos e focegas a felicitación porque foi un éxito colectivo no que se implicou gran maioría dos veciños/as, moitos visitantes e xentes da bisbarra. que acolleron a iniciativa con simpatía; mesmo aqueles que, polas razóns que sexan, non participaron activamente, pero que coa súa actitude colaboraron a crear o clima sempre necesario para que este tipo de eventos acaden o éxito: a participación cidadá.

O feito era novedoso a o proceso ata chegar a él esixe sempre que se dean unha determinada concatenacion de circunstancias.

O punto de partida, neste caso, está na idea dos Larpeiros de construir un barco vikingo para o desfile de antroido. Cando se traballaba nel este cronista foi convidado polos artesáns (Carlos Neira, Pedro de Aurelia e Paparuxo) a visitalo. Nestas mesmas páxinas publicamos dous comentarios nos que, amais de describir o barco polo miúdo, decíamos “… ollando a nao, e por asociación de ideas, acudíu ó noso maxín a lembranza da vella lenda referida ó milagre de San Gonzalo…”.

Laiábase o cronista de que “nunca os focegos fómos quen de poñer en valor o que é patrimonio da nosa cultura, da historia e das nosas tradicións..,” Ó lelo, Paleo, presidente da ACIA, comunicou ó cronista que o colectivo por él presidido, tomaba o acordo de poñer en marcha a 1ª Festa do Afundimento Normando do que fala a tradición. E Paleo, con clara e acertada visión, ponse mans á tarea para aglutinar ás xentes dende o diálogo e o respecto, a próximidade ás persoas, escoitando suxerencias cun estilo e modais que tíñamos xa esquecidos e arrodeándose das persoas idóneas para acadar o obxetivo.

Foi un éxito dos focegos/as, tamén dos seus rexedores. Nesta crónica de urxencia destacamos, con Paleo á cabeza, o magnífico labor desa persoa de excepcional creatividade que é Francisco Piñeiro e, dos colectivos, os veciños de San Martiño e os grupos carnavaleiros.Mágoa non dispor de espacio para contalo polo miúdo, e que ninguén quedara sen mentar neste recoñecemento. A todos, a nosa noraboa.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES