Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

López Veiga

jueves, 30 de septiembre de 2004
Un, que non coñece persoalmente a López Veiga, ten del un bo concepto derivado do seu coñecemento do medio en que se move, o seu vencello co mar de Galicia, e a súa executoria dentro dunha dificil consellería con competencias nun sector sempre problemático e que tivo que lidiar entre outros co terrible problema do Prestige ademáis da sempre conflictiva Unión Europea.

Dúas badaladas deu López Veiga nos últimos días que nos deixou nun sin vivir. E que agardemos que só sexan eso: badaladas coma as que algunhas campás da nosa terra daban antano pretendendo alonxar o pedrazo.

A primeira, davídica, plantando cara á política goliática da Unión Europea en materia de pesca. A segunda, rompedora, dicindo en voz alta o que moitos pensan en silencio sobre certas rebeldías, e sobre o presunto paralelismo entre algunhas traxectorias políticas e o reforzamento das economías particulares.

Se López Veiga fose por libre en ámbalas dúas cuestións habería que pensar nunha certa irresponsabilidade, precisamente nun momento no que tódolos implicados na cousa pública a alto nivel teñen que ser especialmente responsables.

Se López Veiga fala coas debidas licencias será peza importante no entramado que estará a tecer o primeiro tecelán deste país, que estes días está a compoñer -Penélope era unha afeccionada- o que outros lle van descompoñendo.

Eu non creo que a López Veiga lle fallara de repente o "sentidiño".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES