Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traizón consagrada

viernes, 02 de septiembre de 2011
Chégame, por xentileza de Xuxo de Betanzos –Xesús Torres Regueiro, responsable da asociación cultural Eira Vella- o libro titulado “Traizón consagrada”, que ven ser unha viaxe no tempo cara á mocidade do betanceiro Luis Cortiñas, avogado e republicano que en 1958 na Arxentina publicou as súas lembranzas dos tempos difíciles que lle tocou vivir, e no que considera viviu “a gran derrota do pobo hispano”.
De pai monfortino que viñera para Betanzos establecerse de boticario, Cortiñas exerceu como abogado na Coruña, foi membro da Orga e logo de Izquierda Republicana.
Benxamín de trece irmáns, naceu en 1900 e finou no exilio arxentino en 1986. O 14de abril, viaxou desde A Coruña a Betanzos para alí declarar o nacemento da República. Chegou a presidir a Asemblea pro Estatuto de Autonomía na Coruña en representación das Irmandades da Fala. Detido e procesado nos comezos da Guerra Civil consegue ser internado no Sanatorio de Conxo por presuntos problemas mentais.
Xesús Torres fai neste libro un achegamento exhaustivo á figura deste avogado que nos deixou en castelán – Eira Vella ven de publicar a edición en galego – unha magnífica descrición dos problemas dun home pacífico, “normal”, naquel tempo escuro e violento.
Quen desexe saber algo máis daquel período do que nos estamos enterando por entregas ou anacos, lea o libro “Traizón consagrada”, que o autor inicia cun “Panorama histórico do país ibérico”, para detallar como era a vida dunha familia de clase media, a relación de destacados galegos – Calvo Sotelo, Franco...-coa guerra, as eleccións do trinta e seis, e as vicisitudes que a el – e a Galicia – lle tocou vivir no tempo que veu despois.
Á vez que agradezo a Xesús Torres o envío do libro – unha mostra máis da súa dedicación por Betanzos, pola memoria, pola cultura- teño por certo que en Betanzos e en todo o País consideran esta pequena obra como unha xoia digna de ler e gardar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania