Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fraude

viernes, 02 de septiembre de 2011
Existe a conciencia de que un roubo mínimo terá un castigo máximo pero un roubo máximo terá un castigo mínimo. Do mesmo xeito, todos asumimos como o máis natural do mundo que se debemos cen euros a unha administración ou entidade de creto seremos tratados coa maior dureza mentras que se conseguisemos deber cen millóns o trato sería excelente, con diálogo aberto para conseguir negociar as mellores condicións para que conseguísemos superar o atranco.
Todos temos algunha experiencia ó respecto, e coa limitación da economía de cada quen, tivemos que relacionarnos con algunha administración que non nos deixou respirar ata conseguir nivelar as súas contas connosco.
Eso difícilmente casa coas cifras que se fan públicas periodicamente sobre o fraude fiscal existente neste país, do que as últimas cifras coñecidas fala de arredor de noventa mil millóns de euros (90.000.000.000€), dos que algo máis de 42.000 corresponden a evasión fiscal de grandes empresas e grandes fortunas, algo máis de 16.000 millóns defraudados polas pequenas e medianas empresas e autónomos, e arredor de 1.500 millóns dos particulares.
Porque existe ademáis ese mecanismo contaxioso de defraudar porque “o fai todo o mundo”. Se tivesemos a idea contraria, a de que hai que contribuir porque todos contribuímos, áparte de ser un deber cidadá, outro país sería este, e outros seríamos todos nós.
Existe fraude, sábeno todos, especialmente os chamados a combatilo. E non pode ser que os que defraudan sexan moito mellores ou teñan moitos máis medios que os que teñen que combatilo. Algo falla por principio neste entramado, que convirte en patio de Monipodio o que tiña que ser dunha seriedade sacrosanta.
Sigamos a mirar para outro lado, que así somos nós mesmos os que cavamos a nosa propia foxa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES