Golpe constitucional
Cardalda, Theo - jueves, 01 de septiembre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: GOLPE CONSTITUCIONAL
A intención de Zapatero de incluír a lei de teito de gasto público na Constitución, non deixa de ser un golpe constitucional moi sutil por parte das tenaces-pinzas do PSOE e PP.
Ningunha reforma da Carta Magna ( a norma suprema do Estado que consagra a Soberanía dos cidadáns) debería facerse sen un referendo vinculante. Cousa que se quere facer ás agochadas e nocturnidade ás costas do pobo.
Xa está ben de tanto neoliberalismo e de tanto machucar aos cidadáns xustificando que os mercados así o deciden. Cando se chega a o estremo de chulearnos, non deixo de indignarme e cabrearme con estes caralláns de mercados que están por riba das leis de calquera país e agora pretendan regular e reformar a nosa Constitución. Manda carallo na Habana con estes
capitalistas salvaxes que teñen nomes e apelidos, sendo esta a definición máis correcta que iso de mercados; os únicos mercados que coñezo son os dos martes no meu pobo e os dos domingos en Padrón.
Temos que darnos conta que esta medida é unha perda de soberanía, onde dependen estradas, parques, escolas, hospitais e todo aquilo que coñecemos como público. Xa está ben de tomarnos o pelo, non somos mercancía nas mans de políticos e banqueiros, estas medidas señores do PSOE e PP son
antidemocráticas e as teñen que decidir o pobo consultándoo, que é realmente o que ostenta a soberanía.
Lendo a biografía de Thomas Jefferson, terceiro presidente de EEUU, sorprendeume unas frases que dixo hai mais de 200 anos : Creo que las instituciones bancarias son mucho más peligrosas para la libertad que los ejércitos. Han creado una aristocracia adinerada que se ha enfrentado al gobierno. El poder de los bancos debería ser restaurado a la gente a la que
pertenece el dinero que aquellos poseen.
Hoxe, Thomas Jefferson estaría preso en Guantánamo.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora