Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilación significa xúbilo

miércoles, 31 de agosto de 2011
Enténdese que a xubilación é o paso do traballador a unha nova situación, merecida polos seus anos de esforzo laboral e polas cotizacións aportadas ó fondo común durante ese período.
Así, cando este acontecemento se produce, o traballador deixa de selo para pasar a ser xubilado, deixa de prestar os seus servizos activos, e en lugar de percibir o seu salario da empresa ou institución na que traballaba recibe unha chamada “pensión” a cargo do organismo pertinente.
Na lóxica, o traballador debería percibir inactivo o mesmo que percibía en activo, cos condicionamentos de antigüidade na cotización e a esixencia da necesaria moderación no caso de cantidades que excedan dunha asumible normalidad.
E, naturalmente, asumimos doadamente que un traballador de determinado nivel, cunha normal cotización, debería percibir o mesmo residise na capital ou en provincias, no País Vasco, Cataluña ou Galicia. E non é así.
Recoñéceo, e non podía ser menos, o Ministerio de Traballo, cando fai públicos os datos relativos ás pensións contributivas ou non, á realidade laboral de España, do que resulta que Galicia ten unhas prestacións ostensiblemente inferiores ó do resto de Esaña, a pesar de que medraran este último ano algo máis que a media nacional: o 3,4% en Galicia e o 3,3% como media en España.
Moito camiño queda por recorrer para igualar as realidades, xa que o promedio das prestacións en Galicia están en arredor de 675€ mensuais, mentras que a pensión media dentro do Estado é de 806, con 131 euros de diferencia en contra dos pensionistas galegos.
A realidade é a que é, baseada nas especiais condicións económicas deste país en relación co resto das comunidades, nos maiores soldos e polo tanto maiores cotizacións, o que ven significar que a diferencia cotiá se prolonga máis aló da xubilación, e a etapa que podería ser verdadeiramente xubilosa vóltase un tanto tristeira pola realidade imperante que se prolonga ata o remate vital.
Xubilación significa xúbilo, porque é a culminación dunha etapa, a realización de xoños e e o cumprimento das previsións. Pero para ser un tempo verdadeiramente xubiloso os nosos traballadores precisan algo máis ca unha miseria garantida continuación do subdesenvolvemento que os acompañou durante toda a súa vida laboral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES