Os mortos daquel verán
X.X. - miércoles, 29 de septiembre de 2004
Que me perdoe o vello e desaparecido amigo Carlos Casares por tomar prestado o seu título pero é tan fermoso e axeitado que non puide resistirme a facelo para lembrar ós que perderon a vida nalque infausto 1936.
"Os mortos daquel verán", deben ve-la luz. Non para vingarse, que o tempo encargouse de facer "tabula rasa". Sí para descansar en paz, e que os seus poidan tamén descansar.
Quen teña sepultado un familiar en lugar descoñecido e innoble ten que ter unha dor na alma imposible de describir; imprescriptible.
E coido que só a recuperación dos restos pode verdadeiramente limpa-la memoria dun loito de 68 anos.
Eu medrei sabendo que un tío de miña nai dorme sono eterno (despois de morte alevosa) á beira da tapia do cemiterio da Capela.
Se algún día se rescata o seu corpo, e poido estar presente, serei un pouco máis feliz.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora