Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De acordo en algo

martes, 30 de agosto de 2011
Non nos teñen afeitos a encontros políticos – máis ben a desencontros- os dous grandes partidos políticos de ámbito nacional, por eso nos parece unha boa noticia que PSOE e Pp se puxesen de acordo no prazo dunhas horas en relación co cambio da Constitución para prever límites ao endebedamento institucional de cara ao futuro.
Ignorábamos que para unha medida así facía falla un cambio constitucional, estimando que os cambios que puidesen producirse estaban reservados a grandes cuestións por riba da temporalidade. Máis, se se teñen en conta as reticencias mostradas á alteración da Constitución en relación con temas como a liña sucesoria ou a existencia e constitución dunha cámara coma o Senado que, postos a eliminar duplicidades, parece chamada a desaparecer.
Os ventos que recorren Europa obrigan a cambios radicais en moitos aspectos, e neste caso requiren unha modificación da nosa Lei de Leis na que os grandes partidos están de acordo, e as non tan grandes forzas políticas discrepan abertamente.
A lección que temos que sacar de esta realidade é que por fin son capaces de poñerse de acordo as dúas forzas políticas chamadas a gobernar os destinos do Estado español, esquecendo as sempiternas rivalidades nas que parece que a oposición por principio é o único dogma de fe que os concita.
Neste caso, o acordo entre os dous partidos vai propiciar unha modificación da que se agarda tranquilidade para os mercados interiores e exteriores, e tamén un marco de convivencia e de traballo para os gobernantes, sexan da cor que sexan, que teñen que ter como primeira referencia o ben de todos e a loita pola prosperidade do País.
Se este acordo é preludio de posteriores coincidencias, moito teremos gañado na política nacional, e moito terán gañado os políticos na floxa consideración popular que nestes momentos teñen merecida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania