Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Habemus fútbol

lunes, 29 de agosto de 2011
Boa parte da poboación do país notaba que algo lle faltaba neste tempo no que o verán anda a rematar, para entreter ocios e propiciar cavilacións que eviten outras máis profundas.
A folga dos xogadores de fútbol polas diferencias cos seus clubes traía de cabeza a moitos afeccionados e, de xeito especial, ós dous sectores implicados representados dunha banda pola Liga de Fútbol e pola outra pola Asociación de futbolistas.
Este fin de semana pasado, con espectáculo futbolístico garantido, veu poñer paz nos corazóns polo que ó deporte se refire, pero veu preocupar a moita xente que non entende o dinamismo no que o balompé se ten metido, e estima desorbitadas as cantidades que por fichaxes, soldos ou primas perciben as primeiras figuras dunha actividade na que o Estado español ten conseguido un dos primeiros postos do mundo.
Ninguén pon o menor reparo ós soldos que perciben os xogadores das categorías modestas do fútbol, que en moitos casos precisan exercer outra profesión compatibilizando a actividade coa deportiva para poder subsistir. Os reparos aparecen cando as cifras insultantes que se mencionan provocan desequilibrios importantes nas economías dos equipos, co perigo da súa repercusión na economía do mesmo país.
Ninguén entendería que calquera Administración interviñera nos problemas económicos dos clubes, nos que os seus consellos de administración se meteron e ós que corresponde a súa resolución. Máis, nun tempo difícil coma este no que se pretende racionalizar o comportamento das administracións, de acordo co que ocorre en boa parte de Europa, eliminando todo o superfluo.
Tivemos fútbol este fin de semana, e parece garantida a súa continuidade. E ben está se todos están contentos (Xogadores, equipos e afeccionados), pero mellor estará se estamos contentos todos, afeccionados ou non, e o fútbol resolve os seus problemas sen traspasarllo, nin na máis modesta cantidade, á xeralidade do país, que ten bastante cos problemas que ten.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania