Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pagar menos impostos

martes, 28 de septiembre de 2004
O movemento parece imparable: A fuxida dos contribuíntes desde as cidades, onde se pagan máis altos impostos hacia zonas menos poboadas onde as cargas son menores.

O último destes casos está no aeroporto de Peinador que ven de darse de baixa no Concello de Vigo para darse de alta en Redondela, coa conseguinte reducción no capítulo de gastos por impostos.

O feito radica en que, como ocorre en moitas outras industrias ou instalacións, os terreos do aeroporto vigués pertencen a tres concellos pontevedreses: Vigo, Mos e Redondela. E, ata agora, non se fixo o oportuno reparto do que Vigo percibe por este concepto.

Os concellos grandes teñen maiores impostos porque tamén -suponse- facilitan maiores servicios ós seus habitantes. Por eso as empresas que non precisan determinadas infraestructuras municipales senón só as básicas de enerxía, auga, solo urbanizable, teléfono, etc..., escollen polígonos industriais ou solo urbanizable en concellos pequenos pero ben comunicados de xeito que se benefician de moito menores impostos e tamén -nunca desdeñable- moitas menos esixencias técnicas ou administrativas á hora de construir ou transformar unha instalación.

Para un particular só compre cambiar o domicilio fiscal para a segunda vivenda ou vivenda paterna, para beneficiarse das vantaxes dun concello pequeno con gañas de prosperar.

Para as empresas -moi interesantes para calquera concello- os cambios son máis difíciles, pero as de nova creación mirarán moito os factores económicos antes de instalarse.

O caso é pagar menos. Tomén nota os concellos, que o tema non lles debe caer en saco roto.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES