Lembrando outras épocas
Cardalda, Theo - viernes, 26 de agosto de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO
Vou comezar por unha cita de Martin Lutero King: No me preocupa el grito de los violentos, de los corruptos, de los deshonestos, de los sin ética. Lo que más preocupa es el silencio de los buenos. Isto ven a conto sobre a brutalidade con que actuou a policía en Madrid contra manifestantes pacíficos e xornalistas sen causa xustificada. Soamente ollar os vídeos que corren polo mundo enteiro polas redes sociais con comentarios de indignación, terror e pena dan vergoña allea. Resulta indignante ver como retornan imaxes de outra época; nunca antes en España despois do franquismo, se deu un paso tan grande recuando para atrás no que se refire a represión, intolerancia e brutalidade policial.
Inadmisible, vergoñento abrindo a veda para a caza do cidadán e mallando e vexando a testemuñas que fan o seu traballo como son os xornalistas. Ata o SUP comenta que non apareceron razóns de seguridade nin restablecemento do orde que xustifiquen ditas actuacións, pedindo unha información reservada para depurar responsabilidades en especial o cese inmediato da delegada do goberno.
¿É esta a policía nacional democrática e constitucional ou é a policía armada do franquismo?. Un grupo minoritario que se cre lexitimado para arrear malleiras terían que ser expedientados e outros expulsados, pois dan gañas a un de facer obxección fiscal. Eu non vou pagar impostos para manter a estes catro salvaxes escudándose nun uniforme cunha impunidade consentida, estean a dar paus a destro e sinistro como bestas sen vir a conto a quen simplemente van camiñando pola rúa. Amparar a estes señores é simplemente converterse en cómplices deles.
Para máis escándalo, os responsables políticos en lugar de actuar con dureza contra uns axentes que achéganse á demencia, pasan dunhas probas claras vistas a nivel mundial e defenden aos agresores.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora