Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alcaldes nacionalistas

jueves, 25 de agosto de 2011
Que o nacionalismo galego ten vida propia está garantido tanto polo manifesto de dezaoito dos seus alcaldes en concellos galegos como polo revulsivo que este manifesto provocou entre as filas nacionalistas.
Estamos afeitos a ver o Bng como unha forza única, de credo nacionalista, que Galicia precisa como unha opción imprescindible para toma de conciencia e impulsión. Pero é un conxunto de forzas que se teñen obxectivos comúns e idearios evidentemente harmonizables, presentan plantexamentos moi diversos nos que hai que ver as confluencias e sempre se procurou minimizar as naturais diverxencias.
A perda de 53.000 votos galegos nas pasadas eleccións en relación coas de 2007, e a desaparición da representación nacionalista en sesenta concellos, parece pesar gravemente nos alcaldes asinantes do Manifesto, que entenden que a súa forza política debe acomodarse á realidade da sociedade galega actual para ser verdadeiramente efectiva e recobrar a relevancia que se supón perdida.
Visto desde fóra o plantexamento e as reaccións, queda á valoración de cada quen se os alcaldes son ou non militantes relevantes, e se un colectivo de alcaldes é máis importante que un colectivo de militantes, como parece ser o debate que se ten establecido. Sen esquecer que calquera cargo público local, e os alcaldes son os primeiros entre os seus iguais, ten sobre si o peso etéreo dos votos recibidos e polo tanto dos militantes e simpatizantes que lle outorgaron a súa confianza.
Pode que a razón da forza do colectivo prema a forza da razón que crean ter os rexedores. Pero ben farán os rectores do Bng en superar as diferencias de perspectiva ideolóxica cos “manifestantes” e harmonizar unha decisión que satisfaga a todos.
Estamos afeitos a que o Bng presente unha faciana case monolítica. Accións coma esta e as reaccións que produza poden dar de cara ó exterior unha visión diferente, en tempos que xa de por si son para eles complicados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES