Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recortes nos colexios

miércoles, 24 de agosto de 2011
Primeiro foron as escolas unitarias que naceron como necesarios fungos no grande bosque de Galicia, que logo foron quedando baleiras coas concentracións escolares que habitarían colexios construidos conforme a proxectos previstos para outras terras, cunha uniformidade monótona.
A nova situación permitía que os rapaces se clasificasen por idades, se impartisen as materias axeitadas a cada nivel, e os profesores se especializasen nesas materias. O transporte escolar trasladaba diariamente ós rapaces desde os seus domicilios ós colexios públicos, eliminando os mestres do rural e afacendo ós rapaces á centralización administrativa nas capitais de concello.
Cada capital de concello tivo o seu colexio. E cando nun concello había dúas ou máis poboacións importantes entraba en funcionamento o mecanismo localista, e construíanse colexios para atender as necesidades esgrimidas polas forzas vivas.
Pero aquela natalidade mermou, e os colexios foron vendo reducir as súas matrículas, e na actualidade moitos centros teñen graves carencias de alumnado con prazas de profesorado cubertas de difícil xustificación diante das necesidades educativas.
Educación, nestes tempos de crise, estudia recortes de prazas de mestres de xeito radical para o próximo curso, diante da realidade do alumnado existente, recortes difíciles de comprender polos mestres afectados e polos colectivos de pais de alumnos, pero que non haberá máis remedio que aceptar unha vez depurados os erros ou desaxustes que poidan apreciarse.
Do mesmo xeito que cando os alumnos eran multitude se organizaron centros de grandes dimensións e profesorado proporcional ó número de escolares, na actualidade toca recortar que nin os medios abundan nin os alumnos son os que eran.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES