Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Primeiro, unha vida digna

viernes, 24 de septiembre de 2004
Hai algún tempo Christopher Reeve, o coñecido Superman, viña a dicir que senón tiña curación do seu accidente non podía sentirse de novo un ser humano. Agora Ramón Sampedro, que cobra actualidade pola película Mar Adentro, opta pola morte. Son dous exemplos de persoas dependentes que nos fan un fraco favor. Transmiten mensaxes fáciles e directas á sociedade. Resulta moito máis complicado buscar a esencia da dignidade humana.

A película reforza o estereotipo social de infravalorar unha vida con discapacidade cando debe considerarse unha condición máis da diversidade. O que nos caracteriza como persoas non se perde cunha limitación física por grande que esta sexa. Vemos a vida doutra forma e sacamos outro tipo de conclusións porque somos capaces de superarnos. Son moitas as persoas que, día a día, mostran unha actitude a favor da vida e non perden as ansias de loitar, a capacidade de traballo, o sentido solidario... porque pensan que a valentía está en vivir, en construír, en avanzar.

Non perdamos esta oportunidade para reflexionar e entender mellor a relación entre discapacidade e sociedade. Reflexionar sobre as condicións de vida das persoas discapacitadas entre as que pode encontrarse vostede en calquera momento. Reflexionar tamén sobre a accesibilidade e o dereito a unha asistencia persoal como pilares básicos para poder levar unha vida independente. En definitiva, reflexionar sobre a responsabilidade dunha sociedade que marxina negando aspectos elementais para vivir dignamente.

Remato co temor á confusión que se pode crear na opinión pública se coa preocupación pola morte non chega a recoñecelo como cidadán discriminado. Como persoa discapacitada considero necesario e fundamental diferenciar claramente os conceptos de eutanasia e suicidio. Cando estean garantidas as condicións para unha vida digna, podemos falar do dereito a morrer dignamente. Non ten sentido pensar en legalizar a morte cando non se dan medios aos que queren vivir. Cambiar mentalidades é un proceso moi lento e moito máis se empezamos a casa polo tellado. Temos que poñer xa os medios para promover “Un SI á vida digna”.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES