Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No recanto da terraza

martes, 23 de agosto de 2011
Estou no recanto da terraza para contemplar a paisaxe, o ambiente. A paisaxe é un dicir; unhas árbores pequenas das que non sei o seu nome e distribuídas pola beirarrúa dereita, unha palmeira e cinco testos con flores. Con diversas flores e plantas. No tocante ao ambiente; a verdade é que non está mal, ou sexa, mesas ocupadas con xente e coches pasando pola rúa. E xente pasando polas beirarrúas. Unha televisión grande emitindo imaxes e vídeos de cantantes, de éxitos, de hits, como pon na pantalla. É a cadea MTV. No recanto da terraza, a pesar dos ruídos, ás veces noto o silencio apoderarse do ambiente. Ao mellor é a paisaxe, a pobre paisaxe a que amortece o ruído. Ou a que ordena silencio. Non sei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES