Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parche para a vivenda

martes, 23 de agosto de 2011
Diante dunha crise que se tardou moito tempo en recoñecer que existía, bótase en falta a toma de decisións enérxicas que endereiten unha economía á deriva. Porque un goberno está para decidir e marcar pautas que nos axuden a todos a camiñar nunha determinada dirección.
Cando a explosión da burbulla que envolvía o noso mundo da construcción, o sector derrumbouse e as nosas cidades e pobos viron envellecer estructuras a medio construir, paradas de súpeto diante dunha situación extrema na que ninguén ousaría facerse cunha vivenda e – no caso de que alguén o intentase- non ía encontrar entidade que o apoiase nese intento.
Como a necesidade de primeira vivenda medra polo puro dinamismo social, vanse facendo determinadas transaccións animadas polo descenso do precio da vivenda e da necesidade que moitas entidades crediticias teñen de alixeirar o seu parque inmobiliario.
Como poucos sectores hai máis sensibles á marcha da economía, polo que a Galicia se refire o mes de xuño pasado foi auténticamente catastrófico experimentando a venda de inmobles unha caída de máis dun trinta por cento en relación co mesmo mes do ano anterior, mentras que en España rondou o vintetres por cento. Caida aparatosa nas vendas.
Nun intento de animar o sector – as especialmente favorecidas son as entidades que posúen inmobles que precisan vender – o goberno ven de poñer un parche que alomenos dinamice as vendas no que queda de ano, que será a duración do parche: a rebaixa do ive do oito ao catro por cento ata o remate de 2011.
O ive, que subíu para a vivenda do sete ao oito por cento o pasado ano, báixase de repente á metade para que os bancos e caixas – propietarias da metade de vivendas sen vender- alixeiren os seus fondos inmobiliarios e as correspondentes dotacións poidan ser transformadas en créditos animando este sector, propiciando tamén o ingreso por ive nun momento en que as contas do Estado precisan esas aportacións.
Todo para catro meses que restan ata fin de ano, no que volverá a haber que colocar novos parches nun mundo no que o que non hai é unha liña de actuación que nos indique cara a onde podemos e debemos camiñar.
En tempos, as bicicletas parcheadas volvían a averiarse polo lugar do parche. Ogalla este amaño teña éxito.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES