Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un parador para Muxía

lunes, 22 de agosto de 2011
O turismo empezou neste país nos anos sesenta coa Rede de Paradores que Manuel Fraga foi creando por España adiante. Parece unha afirmación demasiado contundente, pero nela están de acordo as xentes que saben do Turismo (e viven do Turismo) no que España chegou a ser unha das primeiras potencias mundiais.
Os paradores de turismo atraeron ós turistas con maior capacidade económica, e darredor deles foi medrando unha rede particular que se ao principio recibía ós viaxeiros de menor capacidade de gasto, a propia dinámica fixo que a evolución se consolidara nunha rede de establecementos hosteleiros e hoteleiros que na actualidade conforma o sector máis vital da nosa economía.
Hai oito anos, pensouse que un parador de turismo en Muxía constituiría un revulsivo perfecto para o turismo da zona, e unha compensación xusta para unha Galicia que recibira co Prestige unha agresión brutal .
Oito anos son moito tempo para ver plasmado nunha disposición legal un parador de turismo que viña ser tamén unha solución de urxencia para unha carencia e para unha catástrofe. Que aínda hai que sumar agora o prazo que precisarán as obras desta infraestructura para que poida entrar en funcionamento e exercer a súa acción benefactora que tanto se agarda na comarca.
As xentes da comarca e todos os galegos queremos crer que a primeira pedra se vai colocar no próximo setembro e as obras se van executar nos trinta e seis meses previstos. Porque ver medrar unha iniciativa tanto tempo esperada xa xenera sinerxias inmateriais tanto tempo agardadas.
Muxía terá o seu Parador, por fin. E o que vale é o resultado. Mágoa que tardase tanto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES