Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violentos

viernes, 19 de agosto de 2011
O mundo ó xirar provoca movementos cos que non contan os xeógrafos, e sorprenden a todos, mesmo ós implicados que non son conscentes das consecuencias ou resultados das súas accións, sempre imprevisibles.
Un movemento de liberdade sacudíu o norte de África hai uns meses tendo como consecuencia a liberdade máis ou menos real en Túnez e Exipto, e unha guerra en Libia nunca abondo aclarada ou xustificada, ao que hai que sumar – fóra desta área- os graves incidentes e masacre da poboación en Siria, e agora os tremendos sucesos acaecidos en Londres. Sen esquecer a sinfonía inacabada –quizais inacabable- do movemento do 15M, que en España tomou carta de natureza e aínda parece ter moito que dicir.
Podemos preguntarnos se todo, especialmente ó que por aquí nos afecta, ten que ver coa tremenda crise na que estamos inmersos, e non temos máis remedio que respondernos que si, que todo forma parte, porque non se trata somente dunha crise económica ou monetaria, senón que é unha crise social na que están en cuestión non só un xeito de vivir –atendendo ós modos de gastar ou investir- senón a un xeito de vivir, de xeito global, que teremos que replantearnos e non só desde o punto de vista económico.
A violencia en Londres non ten nada que ver cos movementos na percura da liberdade, que aquel país é para todos nós como un xeito de paradigma da vida nunha sociedade democrática.
Tampouco os do 15M teñen reivindicacións exclusivamente políticas ou de participación na sociedade. As peticións ou esixencias son moito máis profundas e van máis ó fondo que á forma, buscando horizontes para os máis novos nunha sociedade pechada en si mesma que se nega todo tipo de futuro.
En Londres resultou ser, en primeiro lugar, un problema de orde pública, de violencia na rúa, de salvaxismo, que non se da polo de agora entre nós, aparecendo como protagonistas menores de idade baixo a necesaria supervisión paterna da que alguén terá que responder.
Pero todo xunto, o de aló e o de máis acó, é un toque de atención, un serio aviso, de que estamos nun volcán en erupción, nun polvorín cunha mecha que algúns encenden e outros apagan como poden. Un aldabonazo na conciencia de todos –especialmente dos gobernantes- para que saiban que moito ten que cambiar para que este mundo que hoxe non nos gosta se modifique sustancialmente pensando nos que veñen despois de nós. E que ou cambiamos de xeito radical, ou non hai futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania