Competencias
Editorial - jueves, 18 de agosto de 2011
Co que temos suspirado pola asunción das competencias transferidas, e ahora hai quen fala de devolver competencias ó Estado por non poder sostelas!.
No Estado autonómico no que convivimos, aínda que denominado no seu momento Café para todos porque tentou contentar a todos sen contentar especialmente a ninguén, hai autonomías naturais que aspiraban a unha situación como a actual e outras ás que a situación as forzou á asunción de competencias ou funcións, e o exercizo dun goberno autónomo que orixinou entes artificiais e curiosos que, co paso do tempo, se foron afianzando e tomando razón de existencia.
As autonomías foron obtendo do Estado a asunción de determinadas competencias, derivadas estas da preparación dos gobernos autónomos para exercelas e da oportunidade política do momento.
Así hai autonomías históricas como Cataluña, o País Vasco ou Galicia, que teñen un alto nivel de autogoberno, con numerosas competencias asumidas, deixando as que xa se chaman residuais para o goberno central. E como queira que con cada transferencia de competencias viña a súa dotación económica, non houbo problema nos primeiros tempos de funcionamento, pero a mesma complexidade do sistema, o aumento de custos ou de funcións viñeron a provocar desfases que nestes momentos de crise fan pensar na necesidade de reformas, recortes ou nun caso extremo que non debera producirse- na devolución de competencias ó Estado para que sexa este o que as desempeñe e financie.
A situación, á parte dalgún caso aillado, non se ten planteado con seriedade e cos procedementos que precisaría unha posible devolución, entendéndose que se trata dun novo movemento ou amago nun longo proceso de diálogo ou discusión entre as autonomías e o goberno en canto se refire a dotacións económicas, aportacións ou devolucións nas que os correspondentes gobernos andan razonando, apurados pola necesidade económica que as diversas administracións reflicten.
As competencias, ben asumidas están, e non cabe pensar na súa devolución. Pero si cabe plantear que o Estado autonómico responda, en cada momento, ás necesidades que se planteen e apoie do xeito que sexa os recortes que se necesiten, e as accións que haxa que acometer.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora