Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

NCG Banco

miércoles, 17 de agosto de 2011
No verán os temas importantes poden asomar en determinados momentos pero en xeral quedan soterrados, silenciados, ata que comece o curso no que se manifestarán con toda a súa forza.
Un destes temas é o Banco que xurde das lapas – que non das cinzas- de Nova Caixa Galicia, o produto da fusión das dúas máis importantes entidades de aforro deste país.
E aínda que de cando en cando afloren mencións a determinados aspectos, todos miran para setembro cando o Presidente desa entidade aínda non nata, José María Castellano, presente o definitivo proxecto para un Banco do que tanto esperan todos os galegos, entendéndoo como imprescindible.
Nestes tempos de indecisión, falta de crédito e anguria económica, os entusiasmos que antes provocaban por separado as dúas entidades que se fusionaron quedaron afogados nunha realidade que non entendemos abondo pero sufrimos todos. E cando se pensaba que a mesma fusión xa era a solución definitiva, a realidade cambiante, lonxana nas súas causas pero obsesiva na súa persistencia, foi minando día a día, nova a nova, a nosa fe colectiva ata deixala nun “velas vir” segundo os acontecementos se vaian producindo.
Se agora a solución é a tranformación nun Banco, benvida sexa a solución. E se se estima que o seu máximo rector vai imprimir racionalidade, impulsar a entidade, e facela vital para a Galicia de hoxe, benvida a entidade e o seu presidente.
O verán é xeralmente para o descanso, pero tamén para o traballo calado dos que aproveitan todos os momentos cando se trata de atopar solucións enxeñosas e axeitadas para navegar no mar difícil que se prognostica para setembro e para un oscuro despois.
Precisamos que NCG Banco sexa forte, participado por galegos, con obxectivos galegos, e centrado no país. Confiamos que sexa así polo ben da entidade e, sobre todo, polo noso ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania