Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cabalo de vapor

miércoles, 22 de septiembre de 2004
Que a potencia dun vehículo siga a medirse en cabalos evidencia que aínda non quedou arrumbado este medio de transporte, ou polo menos pervive a súa vixencia teórica. Teño entendido, por certo, que a forza teórica dun home está nun tercio da dun cabalo.

O cabalo de vapor, simplificado como unidade de forza como "cabalo" é o xeito de indicar a potencia dun automóbil, de xeito que 90, 115 ou 150 manifestan, respectivamente, cadansúa gama en relación coas prestacións dun vehículo a motor.

Pero ó mellor hai que revisar estas clasificacións ou redefinir a potencia dun cabalo despois do que pasou o 21 de setembro na via férrea entre Rubián e Bóveda, en terras do Val de Lemos, no sur de Lugo, onde un tren automotor que procedía da Coruña atropelou un cabalo e se ben o cabalo morreu o automotor tamén resultou "ferido" e non puido completa-la viaxe tendo os seus viaxeiros que ser trasladados en autobús.

Eu sei ben o que é quedarse nun tren avariado -no meu caso, nun tunel- agardando por axuda e temendo á vez a chegada doutro tren que non sabe que estás alí. Neste caso agardemos que todo estivera controlado e o perigo non fose máis que o do retraso na viaxe e perda de enlaces con outras lineas.

Parece increíble que unha pequena forza bruta natural poida deter a forza que coidamos case irrefrenable dun bólido a motor. É coma unha nova versión do entrentamento entre Goliat e David, na que un ser vivo chamado cabalo puido -deixando a vida no enfrontamento- contra non sei cantos centos de cabalos de vapor.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES