Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A bufonada da vida

martes, 16 de agosto de 2011
Carros de nenos circulan pola beirarrúa e unhas cantas nubes negras empezan a cubrir xa o ceo. A miña perna dereita colle o ritmo xa do baile de San Vito e imaxino unha canción de rock para seguir ese ritmo. Aínda que non preciso nin da imaxinación nin da canción para que a perna dereita siga dálle que dálle. Serán os nervios. Sempre fixen bailar, mover as pernas cando estou sentado. Recordo que as sobriñas e os meu fillos, ás veces, ata me calcaban nela para inmobilizar ese tremor, pero nada de nada; a perna seguía e segue.

Pasan os coches e penso nesta media tarde que se quere ir. As tardes, todas as tardes se van. Para darlle paso á noite. Para rematar o día. Xa sabemos que o tempo pasa e todo cambia. Que a vida non se detén nunca. Nin tan sequera coa morte. Cando esta aparece, xa asoma noutro lado outra vida. Tanto medo á morte e resulta que a vida rise dela. De verdade, a morte é a gran bufonada da vida. Si..., pero téñolle medo á morte. Porque cando chegue deixarei de ver cousas, deixarei de sentir, de pensar, de escribir, de ler... Qué me importará a min que sexa todo unha bufonada, se eu xa non me rirei. Maldita sexa!, está quieta, perna! Estes pensamentos poñen nervioso a calquera.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES