Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seriedade

martes, 21 de septiembre de 2004
Un non ten gran fe na política. Nin nos políticos. Pero a pouca que ten vai camiño de perdela diante dos acontecementos. Diante das noticias que se veñen publicando en relación coas actividades de algúns políticos.

Para ser político/a, supoño que hai que pertencer a un Partido onde existe unha estructura interna e unha disciplina, e onde -cabe supoñer- as votacións deciden a liña a seguir, escollen as persoas que van ser promocionadas e, en fin, gobernan a estructura.

En virtude deses votos que xeneran decisións, determinadas persoas son potenciadas, presentadas como candidatas, e se obteñen escanos convírtense en representantes de todo o pobo.

Unha vez investidos como representantes dos intereses do País, convírtense en "intocables" e se teñen problemas no seu grupo vanse co cargo posto deixando ó seu Partido composto e sen representante.

E se, como agora parece que pasa en Ourense, hai que facerse valer, fanse ameazas implícitas ou non tanto de que se pode formar un grupo aparte para presionar ó propio.

A min esto de Ourense paréceme un farol; pero un farol peligroso.
Baltar amosa os seus poderes, pero Baltar non é tan tolo como para suicidarse politicamente. A menos que conte nun futuro ter grupo "propio" no Parlamento e obter prebendas para Ourense arrimándose ó sol que máis quenta.

E todo porque nun suposto reparto de poder na recente crise do goberno galego non se "entregou" ningunha consellería á xente de Baltar.

Esto, supoño que pasa sempre e en todo lugar. O que ocorre é que moitas veces non nos enteramos. E xa se sabe o que ocorre con eso de "Ollos que non ven".

Á política fáltalle "sentidiño". E eso, en Galicia, a patria desta especial facultade, é moi grave. Porque hoxe son os de Ourense pero mañán poden ser outros.

E os galegos de a pé, a velas vir. Pero podemos tomar boa nota.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES