Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con Nocturnidade

miércoles, 10 de agosto de 2011
Desde o Preguntoiro: Con Nocturnidade

A mediocridade política, os “patriotas de postal” deste país, aproveitan o mes de agosto para facer falcatruadas con nocturnidade aos currantes de sempre. Todo o están a facer ás agochadas.

Ante o “crak” económico que nos agarda en Europa de consecuencias imprevisibles, estase a preparar medidas neste país máis restritivas para tranquilizar a eses “sacauntos” especuladores económicos que teñen nomes e apelidos.

Coido que neste mes o Goberno intentará poñer en marcha unha nova liberalización do mercado laboral, permitindo aos empresarios que fagan da súa capa un saio. Os contratos a tempo parcial serán de corte escravista. Poderán ofrecer traballo con horarios que lles conveña e ningunha indemnización para o currante en caso de rescisión do contrato. As pensións volverán a ser conxeladas ao máximo e os salarios tirados polo chan. A porta do despido libre vai rematar en España en pleno verán.

Neste anaco de terra chamado o Salnés, a nocturnidade, aparte do que anteriormente dixen, tamén terá a súas consecuencias desde un punto de vista da sanidade. A Xunta está a marear a perdiz cos cidadáns: que si ambulatorio en Vilagarcía, Vilaxoán e non sei se tamén en Lobeira. Ren de ren. Agora saen co decreto da área sanitaria de xestión integrada de Pontevedra do Hospital do Salnés, cunha ameaza latente da súa privatización ollando o espello da sanidade en Valencia e Madrid. Hai que recoñecer que algúns deste “políticos” saben como utilizar a nocturnidade para os seus tenebrosos fins. Logo chega setembro cos feitos consumados e seguiran con máis mentiras, aproveitando os medios manipuladores para seguir “ninguneando” aos alienados que aínda cren en paxaros preñados.

Pero o máis triste de todo isto, observamos como nos “pazos de inverno” as cúpulas sindicais ollando para outro lado. Teñen máis cara que un zapato vello.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES