Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outros déficits

martes, 09 de agosto de 2011
Están moi atentos os nosos gobernantes ó déficit permitido ou existente entre ingresos e gastos, nas grandes contas do Estado ou da Autonomía, e mesmo en calquera institución pública que por principio non debera gastar ou investir máis diñeiro do que recibe ou recauda. E por ese camiño van todos os esforzos, tentando conseguir un necesario equilibrio que nos acredite de cara ó exterior e nos xustifique e normalice no interior.
Pero hai outros déficits que chaman menos a atención, quizais porque non interese airealos tanto; quizais porque teñen moita menos solución práctica.
Temos un déficit gravísimo nas contas que presenta a Seguridad Social en Galicia, entre os ingresos por cotizacións dos traballadores en activo e o que a institución administradora ten que aboar polo capítulo de pensións. E se sempre este desfase foi importante no noso país, os traballadores galegos viñemos aportando coas retencións para o sistema colectivo arredor dun sesenta por cento das pensións, pero esta porcentaxe ten baixado ao corenta e nove por cento en menos dun ano sen que se vislumbre unha posible solución no futuro.
Non é que as pensións teñan aumentado de xeito sustancial, aumento que non se producirá nin se prevé, senón que o aumento do paro xenerou este maior déficit que lastra un sistema que todos debemos apoiar para que teña futuro.
Só Navarra, Murcia, Baleares, Canarias e Madrid presentan un saldo favorable nesta conta pouco coñecida e moi pouco difundida polos estragos sicolóxicos que provoca o seu coñecemento. E eso que en Galicia as pensións son bastante menores que no resto do Estado. Pero o envellecemento da poboación e os incrementos no paro xeneran unha situación deficitaria que agardemos vaia mellorando na medida en que a agardada melloría da economía xeral se vaia producindo.
Fiámolo todo na mellora que se agarda dunha situación por agora sumida na oscuridade. A esperanza é un motor importante para a sociedade. Agardemos poder mantela durante o tempo que sexa preciso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES