Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traxe galego

lunes, 08 de agosto de 2011
Neste mundo das modernidades e globalizacións, vestir o traxe propio do país, herdado de anteriores xeracións, xa non se estila.
Queda reducido o seu uso para os grupos folclóricos, de música e danza, onde aínda é obriga manter –coas múltiples variacións que as diversas zonas propician e os diversos creadores incorporan- unha indumentaria tradicional, complemento perfecto para os tamén múltiples xeitos de interpretar os sons e os pasos que a música do país nos ofrece.
Nestes momentos, só un coro de longa tradición no país como é a Coral de Ruada de Ourense mantén a uniformidade galega para os seus compoñentes, chamando a atención pola súa vitalidade e continuidade a celebración en lugo, durante as festas de san Froilán, dun Día do Traxe Galego, con resposta diversa por parte do público participante.
Que o Alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde Roa, acudise ós actos centrais da celebración do Día de Galicia vestido co traxe tradicional chamou poderosamente a atención, polo contraste que ofrecía co resto das autoridades participantes nesta sinalada xornada.
E sen embargo debera ser algo normal entre autoridades e público vestir o traxe tradicional nas festas “de gardar”, como un dos elementos a rescatar para mesmo visualmente sentirnos diferentes nunha data diferente; con cultura e símbolos propios, reforzando a individualidade autonómica. Que do mesmo xeito que son símbolos nosos a bandeira, o escudo, o himno, tamén o son a música e a danza, a xeografía e o clima, as costumes e o vestido.
Que o devir dos acontecementos arrumbou determinadas cuestións, ninguén o discute, pero cando se trata de buscar elementos simbólicos, máis ca diferenciadores identitarios, velaquí elementos que convén manter no recordo e na presencia, para non esquecer quen somos.
¡Ben polo Alcalde de Santiago!. Aínda que sexa un oasis nun gran deserto. Ou precisamente por iso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania