Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De bestas, delincuentes e mafias

lunes, 08 de agosto de 2011
Os focegos, xentes sosegadas, pouco revolucionadas e aínda preguiceiras, estamos vendo alterarse o noso xeito tradicional de ser, pois dun tempo a esta parte asistimos a periódicas e insospeitadas alteracións do prácido discurrir dos días; novidades que nos chegan de forma prioritaria a través dos xornais e que en ocasións producen inquedanza e preocupación na cidadanía.

Porque ¿cal outra pode ser, por exemplo, a reacción da veciñanza ante os titulares que o pasado domingo ofrecían os diarios, relativos á posible presencia de “cuatreiros”, termo que supoñemos refírese ó castelán “cuatreros” nos nosos eidos, e que según o diccionario da R.A.E., na súa primeira acepción son “ladróns de cuadrúpedos”, ou bestas, e que nestas terras, de escasa nómina de animais desta especie, resultan exóticos, atípicos…?

É certo que non é a primeira vez que os cuatreros actúan na nosa vila, e algunha desas faenas quedou rexistrada no anecdotario local. Foi alá polos primeiros anos 40 do século pasado cando a Emiliano da Cangalla roubáronlle un burro que tiña gardado na corte e que fixo que naqueles tempos tan miserentos o bó de Emiliano se vise obrigado a desprenderse da súa prenda mais prezada: un fermoso acordeón, decorado con debuxos de nácar, chegado de terras de alén mar. Ante as dificultades de achegar recursos para mercar un novo cuadrúpedo vendeo rifas para o sorteo do instrumento nun baile domingueiro no salón de Ramón María de Cao. É esta unha historia un tanto insólita e mesmo rocambolesca que algún día contaremos mais polo miúdo, que tivo un final feliz pois, pasados mais de 60 anos un día, inesperada e sorpresivamente alguen, por un casual, viu e recoñeceo o instrumento, que foi rescatado para o patrimonio familiar, onde dende entón permañece a bó recaudo, protexido por urna de cristal no salón de fogar focego, fora de Galicia.

Naqueles afastados tempos o vecindario de contado se enterou que merodeaban pola bisbarra os cuatreros: un feixe de infelices xitanos que fixeron a faena a Emiliano da Cangalla. O sorprendente é que hoxe, na era da comunicación, conscientes as autoridades da presencia de delincuentes do ramo pasaran seis meses sen que as mesmas tomasen as medidas de defensa recomendables nestes casos, informando de tal hipotético risco para que a veciñanza redoblara a súa precaución reforzando, por exemplo, os peches dos cortellos… e habendo ademais ameazas de ataque polo medio.
Posiblemente o problema das bestas, os delincuentes e as mafias, que expresou a voz da experiencia, sexa xa dende hai tempo. O que sabe, sabe...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES