Cazador de moscas
							Rivas Delgado, Antonio - lunes, 08 de agosto de 2011
							  Xa anda a mosca intentando molestar coa súa presenza. Son molestas, moi molestas. Non teño ningún reparo en dicir que, como a cace, liquídoa. E confeso neste xornal que son un profesional. Un profesional cazándoas. E nada de facelo cunha xesta, nin cunha táboa, nin cun periódico, nin cun matamoscas; simplemente as cazo coa man. Son un auténtico profesional. Moito máis eficaz ca calquera produto de insecticida. Xa o dicía miña nai: es mellor co Raid. Este púñaas patas arriba nas baldosas, pero logo, por arte de maxia, desaparecían. Eu, cando collía unha, buscaba con moito coidado a súa cabeza e...; lector, deixa voar a imaxinación. Son cazador de moscas dende a miña máis tenra infancia. E esa que anda por aí a molestar que non pouse, que axiña lle podo lanzar un requiescat in pace.
							
							
							Rivas Delgado, Antonio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora